3 de feb. de 2023

TOMIÑO

A mocidade tomiñesa achegará ideas para reducir o tráfico nos camiños do rural 

 A alcaldesa mantivo un encontro cos rapaces e rapazas do Consello da Infancia e da Adolescencia, Voces Novas, para pedirlles que fixeran as súas propostas  


A alcaldesa de Tomiño, nun momento do encontro cos rapaces e rapazas do Consello da Infancia e da Adolescencia, Voces Novas

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño convida unha vez máis ao nenos e nenas do Consello da Infancia e da Adolescencia de Tomiño, Voces Novas, a implicarse na gobernanza do municipio. A alcaldesa, Sandra González, mantivo un encontro con integrantes deste consello para buscar ideas que se poidan implementar para reducir o tráfico nos camiños rurais, unha demanda veciñal xurdida ao abeiro dunha das sesións da iniciativa municipal ‘O Concello escoita’. 

 Rapazas e rapaces traballarán nos vindeiros días en preparar propostas para acadar esta meta e poñer en marcha unha campaña de seguridade viaria que permita recuperar espazo para as e os peóns e para as bicicletas. 

 A alcaldesa salientou a implicación de todas e todos os integrantes de Voces Novas dunha forma tan activa na vida municipal, non só en aspectos que afectan á infancia e á adolescencia, senón a toda a veciñanza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario