14 de feb. de 2023

PONTEVEDRA

A CIG convoca protestas para forzar a negociación do convenio pontevedrés de Oficinas e Despachos, caducado dende 2012 

 Chama o persoal a participar na concentración que terá lugar este venres 17 diante da sede da AEMPE en Pontevedra ás 15:00 horas 


Foto: CIG

Infogauda / Pontevedra

 A CIG vén de anunciar a convocatoria de mobilizacións no sector de Oficinas e Despachos para forzar a negociación do convenio provincial de Pontevedra, que leva caducado dende 2012. Dende a central sindical chaman o persoal a participar na concentración que terá lugar este venres 17 ás 15:00 horas diante da sede da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE).  

 A CIG celebrou o pasado 19 de xaneiro unha asemblea con traballadores/as do sector na que se abordou o estado de conxelación no que se atopa o convenio colectivo provincial, sen negociar dende 2012 pola ausencia de interlocución tras a disolución da patronal, tendo a Confederación de Empresarios de Pontevedra que asumir ese papel.  

 “É por iso que ante o escenario no que nos atopamos, na CIG temos a convicción de que a única vía para acadar as melloras que merecemos é a de mobilizarnos”. Por iso dende a central sindical fan un chamamento ao persoal do sector a participar na concentración que terá lugar este venres 17 ás portas da AEMPE, na rúa Virxe do Camiño, 2, a partir das 15:00 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario