5 de feb. de 2023

O BAIXO MIÑO

AS E OS SOCIALISTAS DA COMARCA DO BAIXO MIÑO APOIAN FIRMEMENTE A MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E HOSPITALARIA


Representantes das agrupacións socialistas da comarca do Baixo Miño nunha mobilización precedente

Infogauda / O Baixo Miño

 As e os socialistas da comarca do Baixo Miño apoian firmemente a manifestación en defensa da atención primaria e atención hospitalaria convocada por SOS Sanidade Pública, que terá lugar o vindeiro domingo día 12 ás 12:00h. na Alameda de Santiago de Compostela. 

 Animan a toda a veciñanza a asistir e participar, pois a situación da sanidade na bisbarra segue a ser moi preocupante e lembran que a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño pon a disposición de todas e todos, autocares cun custo de 3€. 

 Para poder acceder a este servizo é necesario anotarse de maneira telemática a través dunha ligazón dispoñible nas páxinas web dos propios Concellos e cuns horarios e paradas que ó longo da semana irán publicando. 

 As Agrupacións Socialistas defenden unha atención primaria digna, con profesionais suficientes e unha atención hospitalaria con capacidade para non sufrir insoportables listas de agarda. 

 A sanidade pública, é cousa de todas e todos. Defendámola! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario