8 de feb. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

EMILIA RODRÍGUEZ BAZ (MILU), A 1ª DE TODAS AS CATEGORÍAS MASTER

 No XXXIV Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Marcha en Roteiro 10k


Emilia Rodríguez Baz (Milu), no centro do podio na xornada do XXXIV Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Marcha en Roteiro 10k, celebrado no concello de Ames
Fotos: Cedidas

Ricardo Rodríguez Vicente /A Guarda

 Esta tempada, a atleta Emilia Rodríguez Baz (Milu), foi fichada polo Club Atletismo de Sada (A Coruña), para formar parte do seu equipo absoluto e tamén co equipo master. Esa é a primeira nova que a instancia deste cronista, a propia Milu vén de comunicar á este redactor de Infogauda.


Emilia Rodríguez Baz (Milu) nun momento da súa participación no XXXIV Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Marcha en Roteiro 10k 

 Asemade, a atleta de A Guarda fíxonos partícipes que o domingo 5 de febreiro participou no XXXIV Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Marcha en Roteiro 10k, celebrado no concello de Ames. Cun tempo de 58´28", Emilia Rodríguez Baz (Milu), quedou 5ª na clasificación xeral feminina e 1ª de todas as categorías master.  No podio estivo acompañada no tercero posto por María Dolores Martínez Vicente (Loly), antiga compañeira do seu anterior equipo Sociedade Atlética do Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario