10 de feb. de 2023

A GUARDA

Trans Miño pasa a formar parte do Observatorio Galego LGTBIQ+  

 Súa entrada formalizouse na xuntanza de hoxe en Santiago de Compostela  


Xermán Cordero Verde, presidente da asociación Trans Miño LGTBIQ+


Infogauda / A Guarda

 A asociación Trans Miño LGTBIQ+ pasa a formar parte do Observatorio Galego LGTBIQ+. En palabras do seu presidente, Xermán Cordero Verde, "é un orgullo e unha responsabilidade estar neste Observatorio, suxerindo e tomando as decisións que afectasen as persoas LGTBIQ+ de Galicia, e, por tanto, ás asociacións". 

 "Nesta nova singradura, Trans Miño LGTBIQ+ non se atopa só, senón que estará coa maioría das asociacións LGTBIQ+ de Galicia: como: Pvlse Vigo, Casco Lanuxe, da Coruña ou Lles Coruña, entre outras asociacións", engade Cordero. 

 No Observatorio Galego LGTBIQ+, aparte de contar coa presenza das asociacións, tamén están presentes a Administración autonómica, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), as tres universidades, os sindicatos e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), sendo o obxectivo fundamental deste órgano consultivo e participativo - o Observatorio Galego LGTBIQ+ -, identificar as necesidades e barreiras para a promoción da igualdade real deste colectivo nas distintas esferas sociais, e loitar contra calquera tipo de discriminación neste sentido; fomentar o desenvolvemento de políticas públicas que garantan os dereitos das persoas LGTBIQ+ e fomentar o coñecemento da realidade, diversidade de orientación sexual e identidade de xénero. 

 "Hai que lembrar que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cunha "Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales en Galicia"", afirma Xerán Cordero. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario