25 de xan. de 2023

VIGO

A CIG-Saúde de Vigo amosa o seu malestar por terse enterado pola prensa do cambio de dirección en atención primaria  

 Considera ademais que este servizo non precisa “un cambio de caras senón de políticas” 


Infogauda / Vigo

 A  federación de Saúde da CIG de Vigo amosou publicamente o seu malestar por terse enterado a través dos medios de comunicación do cambio de dirección en atención primaria da área viguesa, “máis cando no día de onte tivo lugar unha xuntanza coa representación do persoal dun servizo que non precisa un cambio de caras senón de políticas”. 

 Neste senso, a CIG-Saúde considera que as necesidades da atención primaria pasan por tomar decisións e ter direccións con capacidade real de xestión con recursos propios. “As necesidades inmediatas, entre outras, son investir en persoal e dotar os centros en base ao que precisan, mellorar os centros de saúde e adaptalos ás novas realidades e estabilizar as prazas existentes mediante convocatoria de oposicións”. 

 Precisamente para reclamar unha atención primaria de calidade a CIG-Saúde desenvolverá unha concentración este sábado 21 na Praza de Praterías de Santiago ás 12:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario