ATLETISMO
Na proba de Sub 16
ÁLEX SIERPES PEREIRA, DE A GUARDA, PUXO ACENTO GALEGO NO XXXV CROS INTERNACIONAL CIUDAD DE VALLADOLID
Álex Sierpes Pereira - no centro da imaxe -, no podio do sub 16 masculino, no XXXV Cros Internacional de Valladolid
Sociedade Atlética do Trega
Este pasado domingo celebráronse na cidade valisoletana dous grandes acontecementos importantes ao mesmo tempo: "Os pingüíns", concentración moteira; e o cros, proba que colleu a substitución de Elgoibar, e está incluída na Asociación Nacional de Organizadores de Crosses (ADOC), considerado o mellor circuíto de carreiras de cros do mundo, onde a maioría transcorren por chan español.
O XXXV Cros Internacional de Valladolid disputouse no circuíto de "La Cañada Real", ponte Duero (Covadesa), que paralelamente se disputou a través de Castela León.
Cunha mañá fría e a pesar da choiva que fixo acto de presenza á primeira hora, con todo, deu unha tregua a partir das 10:15 horas onde non caeu nin unha pinga, respectando as dezaoito probas sen auga.
Álex Sierpes Pereira percorreu 4.000 metros, parando o crono en 13´07". Con esta vitoria escribe o seu nome nesta clásica proba, que suma á súa biografía e aos triunfos anteriores noutras categorías, nos circuítos da xeografía nacional como Atapuerca, Elgoibar, Amorebieta, Soria, Alcobendas, Ponte Romana, Venta de Baños, Sonseca, Cantimpalos, etc..
O Sierpes pequeno, foi o máis destacado da Sociedade Atlética do Trega, pero tamén compre resaltar os resultados dos atletas que este ano son noveis nas súas respectivas categorías, a cal despuntan as súas intervencións. Onde o seu irmán Christian Sierpes Pereira, na categoría sub 18 masculino participou nunha proba, que tivo un percorrido de 5.000 metros, entrando na posición 16ª da xeral, cun rexistro de 17´51" e a súa compañeira Paula Rocha Bautista, na categoría sub 16 feminina, nunha distancia de 3,000 metros, entrou na posición 23ª, cun tempo de 12´17" .
Moitas felicidades aos tres polos vosos resultados e a seguir mellorando


Ningún comentario:
Publicar un comentario