19 de xan. de 2023

A GUARDA

O Consello Climático Xuvenil de A Guarda organiza unha actividade polo día Mundial da Educación Ambiental 

O xoves 26 de xaneiro ás 19:00h na Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda

 Con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental, e aproveitando a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, que actualmente se atopa na Casa do Concello de A Guarda;  o vindeiro xoves día 26 de xaneiro, ás 19:00h na Casa dos Alonso, o Consello Climático Xuvenil de A Guarda organiza unha actividade.  

 Consistirá en realizar un panel de ideas e reflexións que en base á exposición, acheguen cada unha das persoas participantes, para logo abrir un pequeno debate, tratando así de obter trazos que encamiñen a elaboración dunha guía de prácticas medioambientais que melloren a nosa contorna.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario