19 de xan. de 2023

A GUARDA

Nadia Otero vai presentar a exposición pictórica “Do Lérez ao Tambre”

A inauguración terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 19:00h na Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda

 Nadia Otero, artista de 24 anos nada en O Grove,  inaugurará o venres día 27 de xaneiro ás 19:00h,  na sala de exposicións do Concello de A Guarda, a súa mostra “Do Lérez ao Tambre”.

 A través de catorce obras pictóricas, realizadas coa técnica do óleo, descubriranos unha peregrinación dende Pontevedra ata Santiago de Compostela paralela á que se fai no Camiño de Santiago. Esta viaxe levaranos por diferentes puntos da xeografía galega tan recoñecibles como Sanxenxo e A Toxa, entre outros; todos eles unidos polo fío conector da auga, sendo representada mediante o mar e o río.  

 Na exposición veremos a progresión desta artista por medio das súas pinceladas, onde nalgunhas obras son máis indecisas e en outras máis seguras e maduras, demostrando así a súa evolución creativa.  

 Tanto a artista como o Concello de A Guarda convidan a desfrutar desta viaxe a través da pintura que poderá ser visitada na Casa dos Alonso, do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro, de luns a venres,  de 9:00 a 15:00h..

Ningún comentario:

Publicar un comentario