4 de xan. de 2023

A GUARDA

As Súas Maxestades de Oriente chegarán a vila de A Guarda 

Para a Cabalgata dos Reis Magos deste xoves día 5 de xaneiro, con percorrido polas parroquias, no casco urbano e recepción na Casa dos Alonso.  




Infogauda / A Guarda

 Coa visita dos Reis Magos, o Concello de A Guarda rexistrará o punto máxico da programación de nadal. De tal xeito, que a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde deste xoves día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.  

 Sobre as 16:30h, as Súas Maxestades de Oriente sairán en caravana para visitar as diferentes parroquias e os barrios da vila, coma O Castro, A Gándara, O Coruto, Saá, Camposancos, etc.  

 Ás 18:00h será a Cabalgata de Reis Magos, que sairá dende a Alameda da vila para facer o tradicional percorrido real pola rúa Galicia ata a praza do Reló, onde arredor das 19:00h realizarase unha recepción na Casa dos Alonso. En caso de choiva a recepción realizarase no Pavillón Municipal da Sangriña. 

 Por outra banda, a proba de obstáculos en familia A Guarda Family Kids, non se vai a celebrar este sábado como estaba previsto inicialmente, debido á previsión meteorolóxica desfavorable e será trasladada ao vindeiro 4 de febreiro ás 17:00h. 

 Do mesmo xeito a Carreira San Silvestre tamén vai ser aprazada á seguinte fin de semana debido a situación meteorolóxica desfavorable, nunha data que será anunciada nos vindeiros días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario