“Decora o teu pobo”
O Concello de A Guarda promove unha actividade que mestura madurez activa, aportación comunitaria e coidado do medio ambiente
• O 3 de febreiro darán comezo os obradoiros na que un grupo de 15 persoas maiores de 65 anos poderán contribuír a embelecer o noso pobo a través da creación de diferentes pezas decorativas realizadas con materiais de refugallo.
• Esta actividade terá lugar os venres de 16:00 a 17:30 no Club de Maiores, Xubilados e Pensionistas de A Guarda e será gratuíta.
Infogauda / A Guarda
“As persoas maiores de 65 anos son un dos colectivos sociais que máis tempo de lecer teñen. A forma de vivilo é un aspecto moi importante para a súa saúde e unha oportunidade para poder facelo dun xeito que aporte autorrealización, vida activa, conexión con outras persoas, etc.”. Esa é a reflexión que vén de facer o Equipo de Goberno local, que vai poñer en marcha a iniciativa “Decora o teu pobo”. Terá lugar os venres de 16:00 a 17:30 no Club de Maiores, Xubilados e Pensionistas de A Guarda, e será gratuíta.
“Decora o teu pobo” é - segundo avanzan fontes municipais - un proxecto pensado para que as persoas participantes dediquen un tempo semanal activo a xuntarse entre elas, compartindo experiencias, tecendo redes e creando distintas pezas creativas que serán colocadas en rúas e prazas do concello, aumentado así o seu sentido de pertenza á comunidade na que viven.
De xeito paralelo, a través desta iniciativa conseguimos tamén mellorar a imaxe do pobo e darlle unha segunda vida a materiais de refugallo ou que están en desuso”.
As persoas interesadas en participar nestes obradoiros poderán facelo chamando ao Club de Maiores a través do teléfono 685 594 765.

Ningún comentario:
Publicar un comentario