15 de dec. de 2022

VIGO

A CIG expresa o seu profundo pesar polo falecemento de Teresa Mourín  

A central nacionalista recoñece a “inmensa traxectoria” da avogada na defensa dos dereitos da clase traballadora e o seu activismo a favor da xustiza social e o feminismo.  


Mª Teresa Mourín González, avogada laboralista e docente na  Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo – Vigo 
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Diante do falecemento de Teresa Mourín González, onte 14 de decembro, a Unión Comarcal da CIG de Vigo expresou o seu profundo pesar, recoñecendo a súa “inmensa traxectoria” como avogada laboralista a favor dos dereitos da clase traballadora.   

 Mourín, cuxo desempeño a configurou nunha referencia no Dereito laboral, exerceu como avogada nos servizos xurídicos do sindicato nacionalista desde 1994 deixando unha “pegada imborrábel”. Destaca tamén o seu activismo a favor da xustiza social, a súa implicación en causas solidarias e na loita feminista.   

 Desde a CIG trasladan publicamente o seu afecto á familia e amizades da finada así como o seu máis sincero agradecemento pola súa enorme contribución na defensa das traballadoras e traballadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario