UNHA REPRESENTACIÓN DA VECIÑANZA DO ROSAL SAIU NOVAMENTE A RÚA
ATA Á VILA DE A GUARDA, EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
Infogauda / O Baixo Miño
Respondendo á convocatoria feita pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal, este sábado día 10 de decembro, unha representación da veciñanza rosaleira, encabezada pola alcaldesa Ánxela Fernández Callís e membros da corporación municipal, saíu desde a Praza do Calvario en dirección á vila de A Guarda, onde lles agardaban veciñas e veciños da vila guardesa, en solidariedade coa cidadanía rosaleira, e de xeito especial para pór de manifesto, unha vez máis, que a xente está loitando cívicamente en defensa da sanidade pública e contra os recortes que algúns queren impoñer, desoíndo ás persoas.
Unha vez chegaron á localidade de A Guarda, os veciños do Rosal foron recibidos polo alcalde Antonio Lomba Baz, membros da corporación municipal e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de A Guarda, así como centenares de veciñas e veciños da vila concentrados na Alameda.
Nese espazo terían lugar as correspondentes intervencións denunciando a situación que afecta á toda á cidadanía, e que por riba de calquer outra consideración, rosaleiros e guardeses non están dispostos a permitir que a sanidade pública continúe sen cubrir as vacantes existentes e que as demoras para ser atendidos os pacientes sexan habituais. Uns feitos que se veñen producindo desde fai máis tempo do lexitimamente aceptable. Polo tanto, poderán sair nos medios, diferentes portavoces da consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, a decir o que consideran que deben de comunicar, pero á realidade á terca e todo o mundo que necesita acudir aos centros de saúde atópase coa versión auténtica. A que realmente afecta á maioría social destas localidades miñotas (O Rosal, A Guarda, Tomiño,...), ademáis de outras moitas en todo o País galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario