Chegan á Guarda os trasnos de Nadal
• Animación itinerante, cinema, concertos, deportes,..., son, entre outras, algunhas das propostas para estas datas tan especiais
Continúa a programación do Nadal na vila de A Guarda, con propostas musicais, da man, nesta ocasión de dous concertos do Conservatorio Elemental de Música, onde o alumnado interpretará para as súas familias o habitual repertorio de Nadal. O mércores 21 de decembro ás 19:30h será o Concerto de vento e coro, mentres que o 22 de decembro ás 20:00h. será o Concerto dos alumnos de corda.
Pero mais aló da música, se por algo se caracteriza o Nadal é por ser o momento mais especial do ano para os nenos, que esperan ansiosos a chegada de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos cos seus regalos. Por iso os días 22 e 24 de decembro os trasnos de Papá Noel percorrerán as rúas da vila para recibir as cartas das pequenas e pequenos guardeses.
A programación para as crianzas continuará a partir do martes 27 de decembro, ás 18:00h, no Centro Cultural, coa actuación do Mago Rey Midas.
Un espectáculo itinerante de malabares e zancudo o mércores 28 pola tarde e sesión de cinema infantil o venres 30 de decembro, novamente no Centro Cultural.
E como prato forte o 3 de xaneiro, ás 18:00h, na praza de Avelino Vicente, terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco.
O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.
Tamén dentro de toda esta programación haberá un espazo para as actividades deportivas como son a carreira de San Silvestre o 31 de decembro con saída ás 17:00h. da praza de Avelino Vicente; e o día 7 de xaneiro, ás 16:30h. na Alameda, a proba de obstáculos en familia A Guarda Family Kids.
Por último a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.
PROGRAMACIÓN
DECEMBRO
Mércores 21 de decembro ás 19:30h no Centro Cultural
Concerto de Nadal de Vento e Coro dos Alumnos do Conservatorio.
Do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda.
Trasnos e paxes do Nadal
Días 22 e 23 de 17:00h a 20:00h. Día 24 de 11:30h a
14:30h.
Xoves 22 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto de Nadal de Corda dos alumnos do Conservatorio.
Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Mago Rei Midas.
Mércores 28 de decembro ás 17:00h no Centro da vila
Animación Itinerante.
Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto Ventos de Nadal da Agrupación Musical da Guarda.
Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Cinema Infantil.
Sábado 31 de decembro ás 17:00h na praza de Avelino Vicente
Carreira San Silvestre.
XANEIRO
Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda
Carteiros do Nadal.
Días 3 e 4 de 17:00 a 20:00h; día 5 de 11:30 a 14:30h.
Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Circo de Lume.
Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Cabalgata e visita dos
Reis Magos.
Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
A Guarda Family Kids.
Ningún comentario:
Publicar un comentario