9 de dec. de 2022

A GUARDA

A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA RECIBIRÁ A MARCHA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO ROSAL NA VILA GUARDESA  

 A partir das 12:30 da mañá deste sábado día 10 de decembro, na Alameda 


A cidadanía do Baixo Miño non atura os recortes na sanidade pública 

Infogauda / A Guarda

 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama ao pobo de A Guarda a participar no recibimento da marcha en defensa da sanidade pública do Rosal a partir das 12:30 da mañá deste sábado día 10 de decembro, na Alameda da vila guardesa.  

 “O centro de saúde do Rosal só dispón dunha médica en redución de xornada e prolongacións que está a facer principalmente o persoal do PAC da Guarda contratado para días concretos. 

 A plataforma guardesa fai este chamamento conscentes de que os recortes na sanidade pública promovidos pola Xunta de Galiza temos que paralos entre todas e todos, indican desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario