FÚTBOL
Primeira rexional - Grupo 5
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C.D. MOAÑA
O domingo día 11 de decembro, ás 16:00 horas, no Estadio Municipal de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O Sporting Guardés prepárase para recibir ao C.D. Moaña, o domingo día 11 de decembro, ás 16:00 horas, no Estadio Municipal de A Guarda.
Con 13 partidos disputados, dos cales gañou 4, empatou 5 e perdeu 4; o equipo visitante, situado no posto 11º da táboa clasificatoria, contabiliza 17 puntos.
Pola súa banda, o conxunto local, con 14 partidos xogados, gañou 2, empatou 2, e non coñeceu a victoria en 10 encontros. Ten 8 puntos no seu haber e está situado no posto 18º da táboa.
No que respecta aos goles de cada conxunto, podemos decir que ambos os dous equipos contabilizan 14 a favor, e 10 en contra o C.D. Moaña, fronte aos 26 que encaixou o Sporting Guardés.
De entrada, todo indica que o conxunto que adestra Víctor López vai ter que sair ao campo con toda a determinación de tentar afianzar unha victoria. Ese debe ser o obxectivo do Sporting Guardés. Outra opción non debe nin amentarse. Os seareiros guardesistas ben merecen unha tarde de gloria, de cando en vez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario