26 de dec. de 2022

A GUARDA

Presentación do proxecto “O Val de Tebra: os fíos da historia”

Este xoves 29, ás 20h, no Centro Social Fuscalho




Asociación Xuliva - Historia e Paisaxismo / A Guarda

 Este xoves 29, ás 20h, no Centro Social Fuscalho, terá lugar a presentación na Guarda do proxecto "O val de Tebra: os fíos da historia". Contaremos coa presenza do seu impulsor, o xornalista Christian Villaverde. 

 "O val de Tebra: os fíos da historia" é unha reportaxe multimedia cuxa finalidade é a de percorrer os fitos históricos máis relevantes do val de Tebra, no Concello de Tomiño, a través do seu patrimonio material e inmaterial.  

 Máis información sobre o proxecto na súa web.  

 Agardámosvos!  

Organiza: Asociación Xuliva - Historia e Paisaxismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario