A ASOCIACIÓN CULTURAL ALFOMBRAS DA GUARDA OFRECE UNHA NADALIÑA MOI ESPECIAL
• Que pode admirarse, en horario de atención ao público, na Casa do Concello de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Desde todo o orbe chégannos novas que a todas luces indícannos que xa estamos no tempo de Nadal. Un espazo temporal para o reencontro e para a ledicia compartida. Dese xeito, a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, como vén sendo habitual desde anos precedentes, grazas o labor dunha representación de alfombristas da nosa localidade, realizou unha alfombra na planta baixa da Casa do Concello. Con ela, a xeito de nadaliña moi especial, queren desexar a toda á cidadadía “que, nestes días de ilusión, apertas, ledicia e, as veces tamén morriña, pero sobre todo de felicidade e festa, teñades un bo Nadal na compañía da vosa familia e amig@s porque.... o Nadal é o máis fermoso do mundo”.
A primorosa e colorida felicitación que con todo o agarimo nos brinda a Asociación Cultural Alfombras da Guarda pode contemplarse de luns a venres, en horario de atención ao público.

Ningún comentario:
Publicar un comentario