18 de nov. de 2022

OIA

O espectáculo familiar ‘Caderno de cores e cancións’ chega este sábado a Pedornes 

 Ncentro sociocultural e comezará ás 18.00 horas

 


Infogauda / Oia

 O centro sociocultural de Pedornes acollerá este sábado 19 de novembro a actividade infantil e familiar ‘Caderno de cores e cancións’, un espectáculo de Magín Blanco recomendado para público de todas as idades (a partir dos 3 anos) e que comezará ás 18.00 horas. 

 'Caderno de cores e cancións’ é un percorrido pola creación musical e literaria das cancións que se desenvolve partindo do legado dos trobadores e vinculado ás cores e as súas sinerxías tanto emocionais como naturais. O xogo con todos estes elementos (as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas) axudará a ir construíndo e descubrindo todo un universo persoal e colectivo.  

 Esta proposta chega a Oia da man do repositorio de proxectos TeCe Redes en galego (ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte) e desenvolverase no marco da XXXV Semana Cultural de Pedornes que organiza a Asociación Cultural San Mamed do 14 ao 19 de novembro.  

 O espectáculo de Magín Blanco será o encargado de abrir a programación de actos do sábado, a cal continuará coa representación teatral da obra ‘O Ángulo’, a cargo do grupo local O Mellor de Cada Casa (ás 19.00 horas). Como broche final da Semana Cultural de Pedornes, a partir das 20.30 horas terá lugar o tradicional magosto, que chega este ano á súa edición número 38.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario