CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DA CRTVG
Tivo lugar hoxe en Vigo
Infogauda / Vigo
Na mañá deste martes día 25 de outubro, tivo lugar en Vigo unha mobilización en defensa da CRTVG e para denunciar a súa "manipulación" e "secuestro" por parte do Goberno galego do PP. A concentración tivo lugar no farol de Urzaiz de 11:00 a 11:15 horas e fai parte das protestas convocadas polo Comité Intercentros da CRTVG e que contan coa apoio de máis de 30 organizacións de carácter político, sindical, social, cultural e profesional, entre elas a CIG.
Con estas accións, que se están a desenvolver por todo o país, quérese chamar a participar na manifestación que terá lugar o día 6 de novembro, en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Praza Roxa e remate na Praza de Praterías, baixo o lema “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario