OS VETERANOS ARTILLEIROS DA BATERÍA DE COSTA DE CABO SILLEIRO VOLTARON A CELEBRAR SÚA XUNTANZA ANUAL
Ricardo Rodríguez Vicente / Gondomar
Volveron ao seu encontro anual en Gondomar. Proceden do Val do Fragoso, Val Miñor e O Baixo Miño. Fixérono con xúbilo, porque se coñecen desde cando, a mediados da década dos 70, compartiron tempo e espazo na Batería de Costa J4 de Cabo Silleiro (Baiona) e nalgúns casos, tamén no destacamento de Monteferro.
Aínda se acordan do entón capitán Traseiras – un home realmente bo e xeneroso -, do seu sucesor Fidalgo; do baionés tenente Vilar; dos sarxentos Ríos e García,…E tamén das telefonistas de Baiona coas que compartían – fío por medio – charlas e risas, desde o respecto e a amizade.
Nesta ocasión foron 18, os veteranos artilleiros que compartiron mesa, mantel, viandas,…, e momentos de sa camaradería, anécdotas e recordos dos últimos 50 anos. Tras a foto de familia, prometeron volver.

Ningún comentario:
Publicar un comentario