3 de out. de 2022

GOIÁN (TOMIÑO)

CICLO DE OUTONO NO CINECLUB POLEIRO 

Comeza con Leviathan, e con novo horario 

As proxeccións adiántanse unha hora sobre o habitual, ás 20:30 




Rita Alonso Pérez / Goián

 O xoves, 6 de outubro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro, proxecta LEVIATHAN, dirixida por Andrey Zvyaginstsev.  Unha obra mestra do 2014, que nos da unha visión moi crúa sobre a sociedade rusa. Ambientada nas paisaxes árticos na costa norte da península de Kola. A película céntrase na vida desordenada dun mecánico de coches, Kolya, a quen o alcalde quere expropiarlle a súa casa. Leviatán é unha referencia a Hobbes. A natureza humana atópase no medio de contratos sociais marcados polos abusos de poder, unha rede de clientelismo, hipocrisía e violencia na que a moralidade, a amizade e o amor québranse con impotencia. 

 O xoves 3 de novembro proxectamos Last Film Show,  do director indio Pan Nalin.  Unha historia de cine dentro do cine.  

Sinopse: Samay, un neno de 9 anos vive coa familia nun pobo remoto da India. Cando descobre o cinema queda hipnotizado. Co pai en contra volve ao cine todos os días atrapado pola maxia da luz.  

 O xoves 1 de decembro o filme Tres caras, do director iraniano Jafar Panahi gañador dun León de Ouro en Venecia e un Oso de Ouro na Berlinale, foi condenado en Irán a seis anos de cárcere por asistir ás protestas pola detención de dous directores de cine  

 Sinopse: Unha actriz iraniana recibe o video dunha moza pedindo axuda para escapar da súa familia. Un camiño ás montañas onde as arcaicas tradicións marcan a vida para descobrir se é unha manipulación ou unha realidade.  

 O xoves 12 de xaneiro pecha o ciclo Compartimento nº 6, unha fita de Juho Kuosmanen.   

Sinopse: Unha xove universitaria finlandesa viaxa a Moscú en tren para ir a un xacemento arqueolóxico. Terá que compartir o compartimento  cun descoñecido, un mineiro ruso. Unha relación de dous seres completamente opostos.  

Bono socio para as catro películas 10 euros.

 O cineclub Poleiro conta co apoio da concellería de Cultura, do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario