PÍAS SALINEIRAS EXENTAS DE CAMPOSANCOS
Un estudo monográfico da autoría de Agustín Ferreira Lorenzo, publicado por ANABAM
Infogauda / A Guarda
A Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) vén de publicar a primeira monografía que trata sobre parte das pías salineiras de Camposancos (A Guarda). Nesa publicación recóllense 28 pías exentas, situadas no litoral atlántico correspondente a devandita parroquia guardesa, coa súa ubicación, medidas e unhas notas de cada unha delas.
O libriño, que conta con 80 páxinas a toda cor, é a primeira parte dun traballo máis extenso, cuxa segunda parte verá a luz o vindeiro ano, pode adquirirse nas librerías de A Guarda, recibindo, ademais, como agasallo, outra publicación relacionada co aniñamento das gaivotas na vila guardesa.
O autor Agustín Fewreira Lorenzo, membro fundador e presidente de ANABAM, percorreu toda a costa guardesa documentando a totalidade das pías que aparecen ao longo do litoral, tarefa que vén levando a cabo dende o ano 2010.
Esta publicación contou coa colaboración económica do Concello de A Guarda.
As librerías onde se pode adquirir son: Atlántica, Cervantes, Ideas e Ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario