7 de set. de 2022

TOMIÑO

FESTAS DO ALIVIO

Felicitación da Agrupación Socialista de Tomiño e das concelleiras Mirta Misa e Violeta de Santiago


Mirta Misa e Violeta de Santiago, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE no concello de Tomiñoi


Agrupación do PSdeG-PSOE / Tomiño

 A Agrupación Socialista de Tomiño, e as concelleiras Mirta Misa e Violeta de Santiago desexan a todos os tomiñeses e tomiñesas unhas moi felices festas do Alivio. 

 Despois de dous anos de paro obrigado pola pandemia, as festas patronais de Tomiño voltan con forza para facernos disfrutar destes días de ledicia, pois, pese a que cada parroquia celebra as súas festas, son as do Alivio as que unen a toda a veciñanza do Concello na celebración e na alegría. 

 Agradecemos inmensamente o labor da Comisión de Festas, que ó igual que todas e cada unha delas, traballan arreo para brindarnos estes días de disfrute, polo que animamos a todos e todas a participar e gozar das actividades programadas, sempre con sentidiño e harmonía. 

 Boas festas e viva o Alivio!!

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario