Da autoría de Antonio Soliño Troncoso e María Xosé Pérez González
O LIBRO “ARQUITECTURAS DE INTERMEDIACIÓN NO VAL DE MIÑOR. CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS”
Será presentado este venres, 23 de setembro, ás 19:30 horas, na igrexa románica de Santa Baia das Donas, municipio de Gondomar
IEM / Gondomar
O venres, día 23 de setembro, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación do libro “ARQUITECTURAS DE INTERMEDIACIÓN NO VAL DE MIÑOR. CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS”, da autoría de Antonio Soliño Troncoso e María Xosé Pérez González, membro e socia do IEM.
A presentación será na igrexa románica de Santa Baia das Donas, municipio de Gondomar, acto ao que por este medio quedades convidados, circunstancia extensible a quen entendades interesado.
Asemade, a presentación volverá a celebrarse no concello de Nigrán en lugar e data que serán oportunamente comunicados.
O libro, de 671 páxinas, ilustradas con debuxos, planos e fotografías, forma parte dunha ideada colección de CADERNOS DE ETNOGRAFÍA sobre o Val de Miñor, centrados no ámbito da arquitectura, composta por seis volumes complementarios e, á vez, autónomos entre os cales o presente se corresponde co número cinco, que non obstante sae ao mercado en primeiro lugar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario