7 de set. de 2022

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL

Pola existencia de verquidos incontrolados ao mar no porto da vila




Imaxes dos verquidos incontrolados localizados nunha zona do paseo marítimo de A Guarda
Fotos: Grupo Municipal de Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, mércores día 7 de setembro de 2022, ás 18:33 horas, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do grupo municipal de Converxencia Galega, presentou na Oficina Auxiliar de Rexistro Electrónico do concello de A Guarda, unha instancia xeral - adxuntando unha fotografía - (rexistro de entrada:  2022-E-RE-3058), na que expón:  

 "Que dende fai uns días se están producindo verquidos incontrolados dentro do porto a altura entre Herbiña do marraxo e A Fontiña."

 Por ese motivo, solicita: 

 "Intervención inmediata ante a contaminación que se está a producir, ademais dos malos olores e a proliferación de ratas e moscas no lugar e cercanías".

 Asemade, o devandito concelleiro, adxuntando unha reportaxe fotográfica - da cal extraemos as tres instantáneas desta crónica -  fixo pública á seguinte nota de prensa:

UNHA VEZ MAIS, …E CANTAS VAN….?  O EQUIPO DO GOBERNO NON TOMA NINGUNHA MEDIDA, CADA POUCO ACONTECE O MESMO, PERO NON SE ARRANXA 

 Unha vez máis, temos que chamar a atención do Equipo de Goberno do PSOE, así como tamén das autoridades competentes nesta materia, para que interveñan da maneira, máis urxente para que non se sigan repetindo cada pouco en en distintos sitios.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, denunciamos o que está acontencendo dende fai varios días: os  VERQUIDOS INCONTROLADOS directamente o mar dentro das instalacións portuarias, donde están contaminando as augas, proliferando ratas, malos olores, etc.   

 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, preferimos facer un texto mínimo e resaltar as imaxes para que calquer veciño/a poida sacar a súa conclusión.  

A Guarda, a 07 de Setembro do 2022        

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario