Citas para a renovación do DNI
Para o mes de outubro
Infogauda / A Guarda
O vindeiro xoves día 29 de setembro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de outubro de 2022.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán na data indicada, de xeito preferentemente telefónico no teléfono 986 610 000 de 9:00 a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonso.
A unidade móbil desprazarase á Guarda o 11 de outubro e a recollida de documentos terá lugar o 14 de outubro.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario