O ROSAL LEMBRA ÁS VÍCTIMAS DO FRANQUISMO
Comisión pola Recuperación da Memoria do Baixo Miño, Louriña e Condado
Só temos palabras de agradecemento para o vivido onte en Portecelo. Ás familias, ás intervintes, a todas as entidades que se implicaron no acto e por suposto a toda a xente que asistiu ao acto, facendo do 27 de agosto un día de memoria para o Rosal, para o Baixo Miño e para a memoria antifascista galega en xeral.
Dende a Comisión pola Recuperación da Memoria do Baixo Miño, Louriña e Condado seguiremos traballando na mesma liña, chantando oliveiras e pedras por todos os lugares da memoria que ainda hoxe seguen esquecidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario