21 de ago. de 2022

O ROSAL

Lugar de Memoria en Portecelo (O Rosal)  

Sábado 27 de agosto, ás 20 horas




Carlos Méixome / O Rosal

 O próximo sábado 27 de agosto, ás 20h en Portecelo, no Rosal, despois de Oia e camiño da Guarda, sinalaremos un Lugar para a Memoria de Manolo Noia e máis de Abilio Araújo, Manuel de Lucinda, do palero de Laureana, e de Joaquín, o carpinteiro de San Pedro da Ramallosa, e máis o cadáver dun descoñecido, que se exhumaron en abril de 2009 no cemiterio de San Xián. Alí estaremos. Sinaládeo na vosa axenda e gardade un anaquiño do voso tempo.




 E o día seguinte ás 12 inaugurarase a exposición “Atopados” sobre as exhumacións de San Xián en abril de 2009. Será nos baixos da Casa do Concello do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario