O "Concertasso na horta" chega á Praza da Mina este xoves
O venres, “Treides comigo!” pecha o exitoso Ciclo Música e Románico na igrexa de Santa Mª de Tebra
Infogauda / Tomiño
O vindeiro xoves 28 de xullo terá lugar na Praza da Mina a actuación de Brais Gutiérrez —Brais das hortas—, co seu "Concertasso na horta". O artista presentará ás 19.30h a súa proposta de letras e arranxos coidados para sementar, apañar risas e ter ganas de cantar, dentro do ciclo “O Son das Prazas”.
A través da música de Brais das hortas, ata a Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap e os kiwis non paran de brotar ao ritmo do ska.
O concerto comezará ás 19.30h e é para público familiar con entrada gratuíta.
Por outra banda, o venres, 29 de xullo, Xoán Curiel, con “Treides comigo” pecha o exitoso Ciclo Música e Románico na igrexa de Santa Mª de Tebra. Artista multidisciplinar da Fonsagrada é actor, músico e cantante. A súa proposta (o dúo Treides comigo!) creada a partir de cantigas medievais de trobadores galegos, o seu 7º disco, no que é evidente o amor do autor pola lusofonía pero dende unha perspectiva innovadora.
O concerto, de
balde e para todos os públicos, comezará ás 20.30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario