22 de xul. de 2022

TOMIÑO

O cuarteto galego Helen & Shanna substituirá a Babieca 

Este sábado 23 de xullo, ás 22.30 horas, na Praza do Seixo


Helen & Shanna

Infogauda / Tomiño

 O cuarteto galego Helen & Shanna substituirá a Babieca este sábado (23 de xullo) na Praza do Seixo, xa que por razóns de saúde o grupo tudense non poderá ofrecer o concerto previsto dentro do ciclo O Son das Prazas. O horario será o mesmo:  22.30h e a entrada, de balde.   

 Os galegos Óscar Roal, Alberto Álvarez Brandon, Alex Penido e Carlos Souto forman un cuarteto capaz de fusionar culturas a través dos sons e no seu novo single “Carmo 22” afondan no folk e na psicodelia. 

 Melancolía e esperanza danse a man neste grupo nunha canción sosegada que crece a cada escoita. "A través dunha letra poética e unha música atmosférica, “Carmo 22” fala sobre unha viaxe reveladora, a amizade e o amor. Unha procura contínua cargada de matices musicais e líricos", explican os compoñentes.  

 Helen & Shanna, foi creado en 2013 como dúo, tendo na actualidade catro músicos, algúns deles, da comarca do Baixo Miño: Óscar Roal, voz e guitarra; Alberto Álvarez Brandon, batería; Alex Penido, baixo, teclado e coros e Carlos Souto, percusión e coros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario