Os Socialistas de Oia entregaron distincións a militantes e simpatizantes
• O acto celebrouse no Centro Cultural de Pedornes e contou coa presencia de Valentín Formoso, David Regades, Leticia Gallego, entre outros.
Infogauda / Oia
Na xornada do pasado sábado día 5 de xullo o Centro Cultural de Pedornes acolleu a celebración dun emotivo acto no cal a Agrupación do PSdeG-PSOE de Oia fixo un recoñecemento a militantes e simpatizantes cunha longa traxectoria para o partido no municipio.
Nese acto, que arrancaba coas intervencións do concelleiro socialista Américo de Oliveira, púxose de manifesto una vez máis que Oia está no mapa e os Socialistas teñen que recuperar a alcaldía do municipio para recuperar os servizos que a cidadanía ten perdido ao longo do actual mandato dos populares.
Gerardo Rodríguez, concelleiro e secretario xeral da Agrupación Socialista de Oia, fixo un emotivo discurso no que eloxiou o traballo de todas aquelas persoas que dende os comezos apostaron polo socialismo coma modelo político de cambio e progreso para Oia, recordando aos presentes que para o ano 2023 a alcaldía de Oia regresará aos socialistas ante a falta de proxecto, o inmobilismo e a inacción dos populares.
Continuou a quenda de intervencións en Pedornes con David Regades, secretario provincial do PSdeG-PSOE, quen puxo de manifesto nas súas palabras o gran apoio co que conta a agrupación local, un apoio que vai a ser a chave do cambio en Oia, dando os parabéns á Agrupación Local polo bo traballo que está facendo dende a oposición.
Valentín Formoso, secretario xeral do PSdeG-PSOE, indicou na súa intervención que os Socialistas de Oia teñen que voltar a gobernar en Oia, para restablecer a calidade de vida dos veciños e veciñas, mellorar a educación, a sanidade pública e todos os servizos á cidadanía que se viron minguados polo goberno actual dos populares.
Despois da quenda de intervencións se foron entregando as distincións a militantes, simpatizantes e familiares, rematando o acto cunha foto de grupo que puxo o broche de ouro a unha xornada para o recordo para os socialistas de Galicia e para Oia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario