Galiza Nova no Baixo Miño celebra nos vindeiros días a súa Semana da Patria con varios actos na comarca previos ao Festigal e o Día da Patria Galega
Nerea Cazás Fraga* / O Baixo Miño
Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, organiza máis de 50 actividades en toda Galiza pola V Semana da Patria que culminarán na celebración da manifestación que convocan os nacionalistas o 25 de xullo con saída ás 12 horas da Alameda de Compostela.
Dentro destas actividades, na comarca do Baixo Miño celebrarase por unha banda, o venres 22 ás 20h, unha mesa redonda e serán en Tui (Alameda de Santo Domingo) baixo o título “A nación galega: unha realidade viva” onde se contará con referentes de varios ámbitos do activismo social galego (feminismo, LGBT, ecoloxismo, social, etc.) para falar dos retos presentes e futuros. Por outra banda o mércores 20 ás 20h, levarán a cabo un “mural patriótico” na Guarda.
Ademais, Galiza Nova chama tamén a toda a mocidade baixomiñota a subirse ao “metro” da comarca e participar tamén doutras celebracións como son a Homenaxe a Rosalía e Castelao en Bonaval o 24 de xullo ou o Festigal, o 24 e 25 de xullo, que este ano conta cun cartaz encabezado polas Tanxugueiras.
Para facilitar a chegada a Compostela, a organización xuvenil porá a disposición de todas as interesadas buses desde a comarca para os cales se poden facer xa as reservas chamando ou mandando un WhatsApp aos teléfonos 618 23 38 26 ou 638 15 32 78. Ademais, o propio Festigal, contará con acampada.
* Membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño
Ningún comentario:
Publicar un comentario