PIRAGÜISMO
CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS
NA 3ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Rosa Fernández Carrera / O Rosal
Este domingo nas augas do río Tamuxe, no concello do Rosal, celebrouse a 3ª Copa Galega de Promoción de Slálom. Os máis pequenos do slálom galego fixeron unha demostración das súas habilidades neste evento.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu con nove piragüistas que competiron, gozaron e fixeron amigos.
Rita Oliveira resultou cuarta en K1 muller benxamín. En K1 muller alevín, Nerea Álvarez conseguiu o bronce e Leila Álvarez foi sexta. En K1 home pre-benxamín houbo podio dobre, Roque Oliveira foi segundo e Nico Piñeiro terceiro. En K1 home benxamín, medalla de prata para Lois Montenegro, na mesma categoría, Tiago Rey foi cuarto e Martín Vicente sexto. En K1 home alevín Iván Cruz rematou oitavo. Catro medallas por tanto para os teixugos nesta 3ª Copa Galega.
Na clasificación final por equipos, o club gañador foi o Tea de Mondariz e o Deportivo Miño rematou cuarto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario