6 de xul. de 2022

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

AVISO DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS




Entidade Local Menor de Camposancos

 A Entidade Local Menor de Camposancos informa á veciñanza que a seca xeralizada que se produce no conxunto do país está a afectar, irremediablemente, tamén aos pozos dos que se extrae a auga coa que se subministra as camposinas e camposinos. Consecuentemente, o volume de auga do que dispón esta administración diminuiu de xeito importante, e ademáis ten un problema de exceso de cloruros o que motiva o seu sabor salgado. 

 Estamos a traballar na procura da solución deste problema, porén, mentras non se acade este obxectivo RECOMÉNDASE ás veciñas e veciños que NON USEN A AUGA SUMINISTRADA PARA A SÚA INXESTA, senón só para a hixiene persoal e outras cuestións domésticas. 

 Desde a Entidade Local Menor de Camposancos, lembramos o uso racional da auga. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario