5 de xul. de 2022

A GUARDA

A Guarda presenta unha Axenda de Verán chea de actividades para todos os gustos e idades 

Que vai a encher as súas rúas e prazas de música, baile e outras expresións artísticas, para achegar a cultura a toda a cidadanía.  


De esq. á der.: Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura, e  Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda,  na presentación da Axenda de Verán 2022
Foto: C.A.G.


Infogauda /A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de presentar a Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.  

 A concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, destaca a gran aposta feita dende o concello para realizar unha programación variada e atractiva, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.   

 Mª Montserrat Magallanes indicou na presentación que A Guarda presenta deste xeito un verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos nesta Axenda de Verán 2022.  

 O Alcalde de A Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación da Axenda de Verán 2022, cunha variedade e calidade de eventos que fará de impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila da Guarda.  

 Dende o Concello de A Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da vila, que co seu traballo enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na nosa vila. Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas. 

 A programación de actividades arrancou na pasada fin de semana con A Guarda Diversa, A Guarda Mar de Blues e a XXX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, unha fin de semana intensa e chea de propostas na que non faltou a música, o ocio e a boa gastronomía.  

 Seguindo coa programación da Axenda de Verán este xoves día 7 de xullo ás 22:30h a Praza do Reló acollerá a proxección de cinema “El Principito”  

 Unha das citas musicais máis importantes do verán terá lugar o vindeiro sábado día 9 de xullo ás 22:30h na explanada do Porto de A Guarda, co concerto de Heredeiros da Crus celebrando o seu 30 aniversario. 

 Apertura de portas ás 21:30h, inicio dos concertos ás 22:30h. Entrada de balde ata completar o aforo. Nesta xira do 30 aniversario de Heredeiros da Crus teremos na Guarda a oportunidade de “josar” dos seus auténticos sons en estado puro, nunha noite que, de seguro, quedará para o recordo. 

 A Axenda de Verán comprende os meses de xullo, agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina, a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán” (todos os xoves), as Festas do Carme, Feira  Outlet do comercio local, o Encontro dos Pobos, eventos deportivos, a Festa do Peixe Espada, a Mostra Creativa, presentación de libros e exposicións, as Festas de San Caetano, o Encontro do libro Luso-Galaico, a Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical de A Guarda, as Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa.  

 Especial mención nesta programación para as Festas do Monte Santa Trega, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto. Unha semana grande de festas na vila de A Guarda, na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. 

 Na xornada do sábado día 13 de agosto ás 11:30h ten lugar o Desfile Folclórico e de Bandas Mariñeiras, un evento multitudinario previo ao día grande - o Domingo do Monte , no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son dos bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán na noite do luns día 15 de agosto coa gran tirada de fogos de artificio no Porto de A Guarda.   

EXPOSICIÓNS  

 A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar as obras da artista guardesa Chuny Vázquez.  

VISITAS GUIADAS AO CASTRO DO MONTE SANTA TREGA  

 Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao Castro do Monte Santa Trega. Unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás 12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h horas 

Inscrición e información no enderezo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038

 


PROGRAMA COMPLETO  

30 DE XUÑO - 1 DE XULLO

A GUARDA DIVERSA 

Na Praza do Reló  

1 E 2 DE XULLO

FESTIVAL MAR DE BLUES 

Na Praza do Reló  

1, 2, 3 DE XULLO

FESTA DA LANGOSTA  

No porto de A Guarda  

7 DE XULLO

CINE NA RÚA “EL PRINCIPITO” 

Na Praza do Reló ás 22:30 horas. 

9 DE XULLO

CONCERTO HEREDEIROS DA CRUS (Musigal 2022) 

No Porto de A Guarda ás 22:30 horas.  

10 DE XULLO

FESTIVAL DE BAILE MODERNO “O GRAN SHOW” 

No Auditorio de San Bieito ás 20:30 horas 

Organiza: A.C. Xamaraina  

14 DE XULLO

ESPECTÁCULO DE DANZA E HUMOR “SOFÁ” 

No Auditorio de San Bieito ás 20:30 horas.  

15, 16 DE XULLO

FESTAS DO CARME 

No porto de A Guarda 

Organiza: Comisión de Festas do Carme  

21 DE XULLO

CINE NA RÚA “BELLA Y EL CIRCO MÁGICO” 

Na Praza do Reló ás 22:30 horas.  

23 DE XULLO

FERIA OUTLET  

Na praza de Avelino Vicente 

Organiza: ACIGU  

23 DE XULLO

ENCONTRO DOS POBOS 

No Auditorio de San Bieito ás 20:30 horas 

Organiza: A C. Do Lusco ó Fusco  

23 DE XULLO

II CARREIRA DE ORIENTACIÓN  

Inscricións www.xestanatureza.com  

28 DE XULLO

CONCERTO INFANTIL ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO 

Na Praza do Reló ás 20:30h  

29, 30, 31  DE XULLO FESTA DO PEIXE ESPADA 

Nos restaurantes da vila 

Organiza: OR.PA.GU.  

30 DE XULLO

MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO 

Na praza de Avelino Vicente  

30 DE XULLO

EVENTO DEPORTIVO DO CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO 

No campo municipal de fútbol A Sangriña ás 20:30 horas 

Organiza: Clube de Judo Baixo Miño.  

4 DE AGOSTO

ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN” 

No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas  

4 DE AGOSTO

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE LA CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar. 

No Centro Cultural ás 19:30 horas.  

4, 5, 6, 7 DE AGOSTO

FESTAS DE SAN CAETANO 

No barrio da Cruzada 

Organiza: Comisión de Festas de San Cayetano  

8 ó 15 DE AGOSTO

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA

Na Alameda e rúas da vila. 

Organiza: A.V. C.D. Alameda  

11 DE AGOSTO

GALICIA ILUSIONA, ILUSIONISMO 

No Auditorio de San Bieito ás 20:30 horas.  

19, 20 DE AGOSTO

III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO 

Na Praza do Reló  

20 DE AGOSTO

FERIA OUTLET 

Na Praza de Avelino Vicente Organiza: ACIGU  

20 DE AGOSTO

II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DE A GUARDA 

No Campo do Codesal  

24 DE AGOSTO

CONCERTO MÚSICA NO AR 

No atrio da igrexa parroquial de Santa María, ás 20:30 horas. 

Organiza: Deputación de Pontevedra  

23,27 E 28 DE AGOSTO

FESTA DO PERCEBE 

Na Alameda de A Guarda 

Organiza: A.C. Alameda  

26 DE AGOSTO

TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO 

Na Praza do Reló ás 21:30 horas.  

27 DE AGOSTO

CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA 

No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas 

Organiza: Agrupación Musical de A Guarda  

28 DE AGOSTO

FESTIVAL DE BAILE MODERNO “REMEMBER” 

No Auditorio de San Benito ás 20:00 horas 

Organiza: A.C. Xamaraina  

28 DE AGOSTO

CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA 

Na Praza da Guía ás 19:00 horas 

Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía  

2, 3, 4 DE SETEMBRO

FESTAS VIRXE DA GUÍA 

Na Praza da Guía Organiza: Comisión de Festas Virxe Guía  

3 DE SETEMBRO

PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS 

Na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas. 

Organiza: A. FOCO  

DO 3 AO 25 DE SETEMBRO

FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA 

No barrio da Gándara 

Organiza: A.VV. O Percamino   

10 DE SETEMBRO

MOSTRA ASOCIATIVA 

Na Praza de Avelino Vicente a partir das 15:30 horas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario