2 de xul. de 2022

A GUARDA

A TÚA ESENCIA. A GUARDA, UN POBO MARIÑEIRO

Unha exposición de cultura mariñeira




Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro / A Guarda

 Hoxe é un gran día para todos nos. Inauguramos a exposición “A túa esencia. A Guarda un pobo marineiro”, que permanecerá aberta ao longo de todo o verán e que podedes visitar de xeito gratuito. 

 A exposición está montada no baixo do inmoble sinalado co nº 20 da rúa Concepción Arenal, de A Guarda, onde estivo moitos anos o establemento Decoraciones Bambino.

 Queremos agradecer á Deputacion de Pontevedra pola súa colaboración e a todos os que aportades obxetos á mostra, en especial a Viriato Lomba Lomba "Castilla" e a Joaquina Rodríguez Rodríguez "do Conichán" a súa aportación ós fondos etnográficos de Piueiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario