25 de xuño de 2022

TOMIÑO

A Aula CeMit de Tomiño impartirá este verán cursos de balde para mozas e mozos de entre 8 e 15 anos  

Ademais, volven os obradoiros Steam da man do aliado dixital Agasol e no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega



Infogauda / Tomiño

 Este verán a Aula CeMit de Tomiño impartirá cursos de balde para estudantes de entre 8 e 15 anos, que poderán escoller entre retoque fotográfico e uso do procesador de texto, ámbolos dous de acceso gratuíto.

Para máis información ou para a inscrición chamar ao 986 623 304 ou mandar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal 




 Por outra banda, durante este verán volven os obradoiros Steam de balde para a rapazada de 8 a 15 anos da man do aliado dixital Agasol e no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega. Os contidos formativos serán os que seguen:

Tarxeta micro: bit para aprender a programar de xeito fácil e divertido.
Aprendizaxe automática para nenas/s: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial.
Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar e practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
Circuítos en papel: circuíto eléctrico que ten como obxectivo facer brillar un LED nun papel ou tela, tamén poderanse incluír diferentes sensores e actuadores e facer cómics, postales pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva…

 Pola súa parte, o monitorado de Agasol encargarase de adaptar os contidos ás características de cada grupo, introducindo conceptos como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía, o seu uso creativo, o traballo en equipo ou a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

 No caso da aula de Tomiño, as datas e horarios serán os seguintes:


De 8 a 11 anos, o 6 de xullo de 10:30 a 13:30
De 12 a 15 anos, o 7 de xullo de 10:30 a 13:30

 Inscricións e información no número de teléfono 986 623 303; a través do correo electrónico cemit.tomino@xunta.gal ou na propia aula do Campo da Feira (O Seixo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario