Tomiño obtén outro coche cero emisións, para adicalo a Policía Local a tarefas de seguridade medioambiental
O vehículo, financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, é híbrido, de tracción 4x4, e foi adquirido mediante o sistema de aluguer
Infogauda / Tomiño
Tomiño conta cun novo vehículo de policía co distintivo ambiental Eco ou Cero Emisións. Trátase dunha unidade móbil híbrida de tracción 4x4 que se destinará a tarefas de seguridade medioambiental.
O vehículo, adquirido en parte (69%) con cargo a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental (Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) para a modalidade de aluguer, está dotado con cinco portas, emisións máximas CO2 Mixto de 131g/Km.; indicador Eco-Drive, luces led, sistema de chamadas de emerxencia (e-call), Bluetooth mans libres, antena de telecomunicacións e preinstalación para emisora en salpicadero; chalecos antibala e kits de detección de drogas para controis, entre outros equipamentos especiais.
O coche vén a
sumarse a outros tres que posúe a Policía Local e será destinado a funcións
relacionadas coa protección do medioambiente e dos espazos naturais, facendo que os membros da policía local poidan
velar dentro do territorio de Tomiño polo cumprimento de toda a normativa local e autonómica
sobre a materia; en particular, vixilancia de parques e xardíns públicos,
xestión dos residuos sólidos urbanos e protección contra a contaminación acústica, luminosa e
atmosférica nas zonas urbanas; vixilancia e control da recollida selectiva de residuos, vertidos
de restos de construción e demolición en solo urbano, residuos perigosos xerados por parte de comercios e industrias; limpeza
de espazos públicos, fachadas e muros, etc.
Así mesmo, utilizarase para controlar e denunciar as infraccións por
ensuciar espazos públicos; vixiar lugares de gran concentración de público e
botellóns; tramitar a retirada de vehículos abandonados; protexer a flora e a
fauna silvestre; vixiar a caza ilegal, recuperar animais silvestres e controlar
o maltrato e abandono de animais domésticos.
Vixilancia da proliferación de
vertedoiros ilegais e traballos de prevención e defensa contra os incendios
forestais, en colaboración co departamento de Medio Rural, do Concello de Tomiño, serán tamén tarefas para as
que servirá o novo vehículo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario