O Rosal busca a dous mozos ou mozas para ofrecerlles o seu primeiro emprego
As contratación será a través do programa ‘Primeira experiencia profesional’ da Deputación de Pontevedra
As persoas interesadas deberán estar inscritas no SEPE como demandantes de emprego ou de mellora de emprego
Infogauda / O Rosal
O Concello
do Rosal busca a dúas persoas novas para ofrecerlles o seu primeiro emprego.
Trátase de dúas contratacións que se realizarán ao abeiro do programa ‘Primeira
experiencia profesional’ da Deputación de Pontevedra, a través da que se
ofertará un posto para unha persoa graduada en Dereito e outro para unha persoa
graduada en Arquitectura técnica. Ambos os dous contratos serán a xornada
completa e terán unha duración de 12 meses.
“Participando
nesta iniciativa temos a oportunidade de achegar á nosa mocidade ao mundo
laboral e de facilitarlles que poñan en
práctica todos os seus coñecementos dunha forma guiada e acompañada nos
proxectos que estamos a levar a cabo no Concello”, explica a alcaldesa, Ánxela
Fernández Callís.
As
persoas interesadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego ou de
mellora de emprego no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) cos seguintes
códigos de ocupación:
·
36121018
– Asistentes xurídico-legais
·
37111027
– Persoal técnico de servizos xurídicos e/ou similares
·
24811013
– Arquitecto/a técnico/as
Ademais
de estar en posesión das titulacións requiridas, todas as persoas interesadas
en optar á praza deberán estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia de
Pontevedra, ter rematado os seus estudos hai un máximo de tres anos, sen
experiencia profesional ou formativa na mesma actividade dentro do Concello
máis de tres meses ou que non estean contratadas en prácticas no momento da
selección nalgún dos programas da Deputación de Pontevedra.
As
persoas que ocupen a praza terán un contrato formativo de seis meses
prorrogables outros 6 e un salario bruto mensual de 1.640,51 euros. O sistema
de selección será o de concurso, valorándose o expediente académico, a posesión
de outras titulacións académicas relacionadas e a formación complementaria
recollida na convocatoria.
O
prazo de inscrición no SEPE remata o vindeiro 10 de xuño, incluído.
Ningún comentario:
Publicar un comentario