20 de xuño de 2022

DEPORTES

 JUDO

DÚAS MEDALLAS NA SUPERCOPA DE ESPAÑA JUNIOR PARA O  CLUBE DE  JUDO BAIXO MIÑO 


Equipo do  Club de  Judo  Baixo Miño, de A Guarda que participou na Supercopa de España junior de judo

Informa: Club de  Judo  Baixo Miño

 Este pasado sábado celebrouse en Cáceres a Supercopa de España junior de judo, proba puntuable para a clasificación nacional. Ao devandito evento desprazáronse cinco judokas do  Club de  Judo  Baixo Miño, de A Guarda. 

 Os resultados foron: 

Verónica Pérez Pacheco, medalla de ouro na categoría de -52 kg. 

Noa González Da Costa Evangelista, medalla de prata na categoría de -70kg. 

Carla Lomba Quintas, quinto posto na categoría de -70kg. 

Pablo Cadilla Vasconcellos, sétimo posto na categoría de -90kg. 

Martín Souto Pacheco, na categoría de -81kg non puido pasar de primeira rolda. 

 Xa case ao termo desta tempada  Verónica e Noa consolídanse nos primeiros postos das súas categorías. Lembramos os seus logros máis importantes esta tempada:

Verónica Pérez 

• Quinto posto Copa de Europa Junior (Málaga). 

•  Séptimo posto Copa de Europa Junior (Francia). 

• Noveno posto Copa de Europa (Coimbra). 

• Noveno posto Copa de Europa (Austria). 

• Subcampioa Copa Internacional Kobayashi Absoluta.  

• Medalla de bronce Campionato de España Junior. 

• Quinto posto Campionato de España Absoluto. 

• Campioa Copa de España Junior (Salamanca).  

• Campioa Supercopa de España Junior. 

• Campioa Sector Nacional Junior. 

• Subcampioa Sector Nacional Absoluto. 

• Campioa galega Junior e Absoluta. 

Noa González Da Costa

• Noveno posto Copa de Europa Junior (Coimbra) 

• Medalla de bronce Campionato de España Cadete.  

• Medalla de bronce Campionato de España Junior. 

• Medalla de bronce Sector Nacional Absoluto. 

• Medalla de prata Sector Nacional Junior. 

• Medalla de bronce Campionato Galego Junior e Absoluto.  

• Medalla de prata Campionato Galego Cadete.

Ningún comentario:

Publicar un comentario