BALONMÁN
I TORNEO INTERNACIONAL PREPARATORIO EUROPEO JUNIOR
2, 3 e 4 de xullo no Pavillón do Rosal
Redacción / O Rosal
A S.D. Atlético Novás organiza o I Torneo Internacional de balonmán junior, preparatorio para o campionato de Europa que se celebra en Portugal. Visítannos as seleccións de España, Serbia e Montenegro.
Desde a organización queren dar as grazas ao Concello do Rosal, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Federación Española de Balonmano, Federación Galega de Balonmán, e a todas as empresas privadas que colaboran na organización deste evento.
É moi importante para a perfecta organización deste torneo a colaboración de persoal voluntario, polo que poñen na web un formulario para todo aquel que desexe colaborar póidao facer se é seleccionado.
Datas e horarios dos encontros
Sábado día 02/07/2022, ás 20:00 horas, no pavillón do Rosal:
España - Serbia
Domingo día 03/07/2022, ás 20:00 horas, no pavillón do Rosal:
Serbia - Montenegro
Luns día 04/07/2022, ás 20:30 horas, no pavillón do Rosal:
España - Montenegro.
Prezos das entradas
Bono Adulto (+18 años) - Tres días - 18€
Bono Junior (7-17 años) - Tres días - 10€
Entrada Adulto (+18 años) España - Serbia - 8€
Entrada Junior (4-17 años) España-Serbia - 5€
Entrada Adulto (+18 años) Serbia -Montenegro - 8€
Entrada Junior (4-17 años) Serbia -Montenegro - 5€
Entrada Adulto (+18 años) Montenegro-España - 8€
Entrada Junior (4-17 años) Montenegro-España - 5€
Ningún comentario:
Publicar un comentario