6 de xuño de 2022

A GUARDA

O BNG REÚNESE COA COMUNIDADE EDUCATIVA DA GUARDA PARA DEMANDAR DA XUNTA DE GALIZA O BACHARELATO DE ARTES   




BNG / A Guarda

A falta de oferta do bacharelato de artes no Baixo-Miño obriga ao alumnado da comarca a desprazarse fora do seu entorno si desexan  cursar esta modalidade de bacharelato.   

O sistema educativo  debe velar  para   que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades. Resulta evidente que o alumnado da Guarda e dos outros Concellos do Baixo-Miño non as teñen  para acceder a esta  modalidade do bacharelato.  

 Coa finalidade de reclamar da Xunta de Galiza a oferta do bacharelato de artes, este martes 7 de xuño no baixo do Concello da Guarda, o BNG celebra un encontro  coa comunidade educativa, aberta a todas as persoas que estean interesadas neste tema. No acto ademais do Portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, contaremos coa presenza de Manuel Lourenzo, membro da comisión de Educación e Cultura no Parlamento Galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario