O concello de A Guarda precisa socorristas
Para garantir a seguridade nas praias na tempada estival
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, venres 10 de xuño de 2022, o Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda fixo pública o seguinte comunicado:
"O Concello da Guarda precisa persoal para cubrir as prazas de socorristas de cara á inminente tempada estival e garantir deste xeito a seguridade nos areais da praia fluvial do Muíño, na desembocadura do Río Miño e na praia marítima de Area Grande, ámbalas dúas con Bandeira Azul.
Todas as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as prazas de socorristas no Concello da Guarda e que conten coa titulación esixida para o desempeño do traballo de socorrista, deberán anotarse nas oficinas do Servizo Galego de Emprego de Tui á maior brevidade posible."
Ningún comentario:
Publicar un comentario