Gran broche final ao obradoiro de canto “Con voz propia”
Organizado polo Centro de Información á Muller (CIM), de A Guarda
Infogauda / A Guarda
No día de onte o alcalde, a concelleira de Igualdade e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), de A Guarda, puideron asistir e participar activamente na obra final na que actuaron xuntas as alumnas do obradoiro de canto “Con voz propia” de A Guarda e o de Baiona.
Este proxecto, dirixido exclusivamente a mulleres e executado por Maga de Voz, partíu do suposto que a aprendizaxe do canto, como conxunto de técnicas e habilidades vogais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando na descuberta e valorización de sí mesmas e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.
Durante a actuación, da que incluso puido ser partícipe o público asistente, resonaron no Mosteiro de Santa María de Oia palabras como liberdade, amizade, compromiso ou empatía. "Unha vez finalizado tivemos a oportunidade de escoitar as súas opinións e de xeito unánime expresaron unha profunda satisfacción por teren participado no obradoiro e incluso solicitaron poder continuar co mesmo", indicaron desde o Concello de A Guarda.
Esta actividade está subvencionada con cargo aos Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario