RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Este venres 20 e o sábado 21 de maio, no supermercado Froiz, na rúa Casal Aboy, de Tui
Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño
Este venres 20 e o sábado 21 de maio a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño vai realizar unha recollida de alimentos non perecedoiros, no supermercado Froiz, na rúa Casal Aboy, de Tui.
O motivo que nos leva a realizar esta recollida é que nosa despensa vaise baleirando. Aumentan as persoas con necesidades e necesitan da solidariedade de todos. Por iso, unha vez máis, pedimos a vosa colaboración.
Farase de forma presencial, con voluntarios que recollerán os alimentos e darán toda á información necesaria.
Se tes 2 horas dispoñibles o venres ou o sábado e queres participar como voluntario pódelo facer anotándoche en: www.sostomino.org/quiero-ayudar/
Os alimentos que máis necesitamos son: leite, cacao soluble, aceite, conservas vexetais, galletas, legumes,…
Unha vez máis, grazas, moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario