Valentín García salienta o talento creativo en galego das novas xeracións na XIX edición do Festival de Cans
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á proxección das curtas gañadoras dos premios audiovisuais ‘REC.curta 2022’, apoiados pola Xunta de Galicia
Infogauda / O Porriño
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao XIX Festival de Cine de Cans, no Porriño, que acolleu hoxe o encontro Cans do futuro, onde se proxectaron as curtas gañadoras nos premios audiovisuais REC.curta 2022, un certame que convoca Escolas Católicas co apoio da Xunta.
No local de Cans coñecido como Baixo de Bugarín, proxectáronse as curtas gañadoras do festival escolar REC.Curta 2022: Máscaras, a curta gañadora na categoría 1º, 2º e 3º de ESO elaborada polo alumnado do colexio Franciscanos de Lugo; A luz escura, gañadora na segunda categoría, para os alumnos de 4º da ESO e Bacharelato, e É cousa de todos, curta gañadora do premio á mellor curta de animación, onde o alumnado do colexio San Xosé de Ourense destaca o tratamento dos valores cando dúas vilas se ven obrigadas a enfrontarse para combater un virus que acaba de saír ao mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario