30 de maio de 2022

DEPORTES

PIRAGÜISMO

4 MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 2ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


Compoñentes  do Club Deportivo Miño-Teixugos
Medallas logradas onte polos deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos


Informa: Rosa Fernández Carrera

 Este domingo celebrouse na praia da Freixa, en Ponteareas, a 2ª Copa Galega de Promoción de slálom. Acudiron ao evento, organizado polo Club Tea, oitenta deportistas das categorías infantil, alevín, benxamín e pre-benxamín. Estas competicións fanse coa fin de promocionar este deporte entre os máis pequenos e consta de dúas baixadas polo circuito, téndose en conta a mellor de cada para a clasificación final.    

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu cun total de 12 piragüistas. 


Un membro do Club Deportivo Miño-Teixugos nun momento da proba

 En K1 muller benxamín Rita Oliveira foi terceira, levándose unha medalla de bronce. 

 En K1 muller alevín, Nerea Álvarez conseguiu a prata, e Leila Álvarez foi quinta. En K1 home pre-benxamín, Roque Oliveira foi segundo, e Nicolás Piñeiro terceiro, prata e bronce respectivamente. En K1 home benxamín Lois Montenegro foi cuarto, Tiago Rey, quinto e Martín Vicente, décimo. En K1 home alevín, Iván Cruz foi octavo, Leo Álvarez noveno, e Alejandro Barreiro undécimo. En K1 home infantil Pedro Lomba foi sexto.  

 Na clasificación final por equipos o gañador foi o Tea de Mondariz, seguido do Quixós de Monforte e en terceiro lugar subiu ao podio o Deportivo Miño-Teixugos.  

 Bo balance para os teixugos co terceiro lugar por equipos e catro medallas, aínda que o que máis importa nestas competicións é o fomento do deporte e a convivencia entre os máis novos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario