JUDO
Despois dos bos resultados das últimas citas
DÚAS NOVAS CITAS PARA O CLUB DE JUDO BAIXO MIÑO
Informa: Club de Judo Baixo Miño / A Guarda
As catro medallas na Copa de España junior (de Zaira Lamas, medalla de prata na categoría de -52 kg; Noa González e Carla Lomba, ambas as dúas medallas de bronce na categoría de -70kg; e a medalla de bronce de Pablo Cadilla na categoría de -90kg), acreditan o nivel dos judokas de A Guarda e súa contorna.
O sétimo posto de Verónica Pérez na Copa de Europa junior que se celebrou en Francia, e a medalla de bronce de Elena Cañibano no Campionato de España universitario na categoría de -57kg, darán paso esta fin de semana á quenda de 51 judokas da base do club que competirán na fase do Xogajudo que se celebra no Porriño. E á súa vez Verónica Pérez saltará o domingo aos tatamis nunha nova Copa de Europa tentando seguir sumando puntos para clasificarse para o Campionato de Europa.
Moita sorte a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario