VISITA DAS SOCIAS E SOCIOS DO MUSEO DO POBO GALEGO Á CIDADE DE LUGO
A visita cultural á cidade de Lugo está organizada pola Oficina de socias e socios do Museo do Pobo Galego
David Conde / Santiago de Compostela
A oficina de socios do Museo do Pobo Galego pretende retomar e normalizar as actividades entre os seus socios logo do parón que provocou a pandemia e, para isto, nada mellor que relanzar as actividades na semana que se celebra o Día Internacional dos Museos (18-05-22) e que en Compostela leva por lema “O Poder dos Museos”.
Esta primeira proposta, vista a disposición e vontade dos demais entes colaboradores, consiste nunha visita a cidade de Lugo e que comprende actos de presencia e percorridos polas distintas localizacións culturais da cidade (visita á catedral, Casa dos Mosaicos, A Domus do Mitreo, Parque de Rosalía, o Vello Cárcere...) así como a recepción por parte das e dos responsables das entidades.
Recepción
Sábado 21 ás 17 h. no Museo Provincial de Lugo, asistirán:
- Dona Tareixa A. Ferreiro Tallón (Vicepresidenta da Deputación de Lugo e responsable da Rede Museística Provincial
- Dona Aurelia Balseiro García (Directora do Museo Provincial de Lugo)
- Don Manuel Vilar Álvarez (Director do MPG)
- Don Clodio González Pérez (Patrón do MPG, que nos falará sobre a catedral e sobre o Parque de Rosalía)
- Don Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez (Representante de socias e socios no MPG e arqueólogo, que se encargará de dirixir aos asistentes pola cidade)
Ningún comentario:
Publicar un comentario